⏱️ Tempo de lectura: 7 min
Índice de Contidos
- Introdución ao Brightin Star 9mm F5.6
- Brightin Star 9mm F5.6: Primeiras Impresións
- Especificacións Técnicas da Brightin Star 9mm F5.6
- Características xerais da lente Brightin Star 9mm F5.6
- Proba de campo: paisaxe extrema cun ultra gran angular
- Perspectivas Diferentes
- Aspectos xerais
- Rendemento Óptico: Nitidez, Esquinas e Aberracións
- Nitidez no centro
- Comportamento nas esquinas
- Aberracións cromáticas e coma
- Viñeteo
- Distorsión xeométrica
- Enfoque e hiperfocal
- Flares e Sunstars: A Creatividade da Luz
- Conclusión: Para Quen é o Brightin Star 9mm F5.6?
- ¿Dónde comprar el Brightin Star 9mm F5.6?
- Galería de Imaxes
- ¿Queres saber máis?
- Se queres información sobre outras lentes
Introdución ao Brightin Star 9mm F5.6
A paisaxe enteira nun só encadre: montañas afastadas, ceos dramáticos e liñas que levan o ollo ata o infinito. O Brightin Star 9mm F5.6 abre a porta a ese tipo de imaxes que, con outras ópticas, simplemente non caben.

Esta lente ultra gran angular manual chegou ás miñas mans grazas á confianza de Brightin Star, que decidiu continuar a colaboración iniciada co Brightin Star 16mm F2.8. Quero agradecerlles o apoio e, sobre todo, a liberdade de probar a lente en condicións reais, sen presas nin condicionantes.
Esta análise nace da experiencia de campo: entre bosques húmidos, praias ventosas e menceres silenciosos. É alí onde o Brightin Star 9mm F5.6 mostra a súa verdadeira natureza: unha ferramenta creativa que, sen ser perfecta, inspira a ver diferente.
Brightin Star 9mm F5.6: Primeiras Impresións
Se xa liches a miña análise do Brightin Star 16mm F2.8, lembrarás que me chamou poderosamente a atención a estética da caixa. Ten unha tipografía que me leva aos anos oitenta, como se manexases un vello VHS no canto dunha lente moderna. Esa sensación repítese co 9mm, que chega tamén nun embalaxe sinxelo pero efectivo.
Ao abrir a caixa, a lente está ben protexida nunha escuma densa. Vén con tapas dianteira e traseira. Ademais, inclúe tres filtros de 34 mm:
- ND1000 (10 pasos)
- ND64 (6 pasos)
- Natural Night (reduce a contaminación lumínica en escenas nocturnas)
Estes filtros colócanse na parte traseira no lugar da parte frontal. É unha solución práctica e pouco habitual nesta gama de prezos. Pero o que si que debemos ter en conta que o empregalos a escala de foco cambia. Non vou a profundizar demasiado nisto xa que non adoito a empregar este tipo de filtros na miña fotogragía. Pero, aínda así, compre telo en conta.

A lente é compacta e lixeira. O corpo metálico transmite robustez, algo que non sempre atopamos neste rango de prezos. Para quen busque unha lente ultra gran angular para paisaxe ou arquitectura, resulta moi cómoda de levar.
O Brightin Star 9mm F5.6 é completamente manual, tanto no enfoque como no diafragma. O anel conta con pequenos clicks que axudan a escoller a apertura con precisión. Ademais, incorpora marcas visuais en branco e laranxa, incluídas as liñas para calcular a hiperfocal. Isto é clave en fotografía de paisaxe, onde buscas asegurar nitidez dende o primeiro plano ata o horizonte.
Especificacións Técnicas da Brightin Star 9mm F5.6
Se estás buscando unha lente ultra gran angular para fotografía de paisaxe, arquitectura ou interiores, o Brightin Star 9mm F5.6 pode ser unha opción sorprendente. A continuación tes todas as especificacións técnicas clave deste modelo, deseñadas para ofrecer o máximo detalle a calquera fotógrafo curioso ou profesional.
Características xerais da lente Brightin Star 9mm F5.6
- Tipo de lente: Ultra gran angular para cámaras full frame
- Distancia focal: 9 mm
- Abertura máxima e mínima: F5.6 – F22
- Ángulo de visión: 132° (rectilíneo, sen distorsión tipo fish-eye ainda coa propia deste tipo de lentes)
- Palas do diafragma: 5 (sunstars de 10 puntas moi marcadas)
- Distancia mínima de enfoque: 20 cm
- Enfoque: Manual
- Construción óptica: 16 elementos en 11 grupos (inclúe 2 lentes asféricas, 2 ED e 3 elementos de vidro especial para corrixir distorsións y aberracións cromáticas)
- Monturas dispoñibles: Sony E, Nikon Z, Canon RF, L-Mount
- Peso: Entre 423 e 470 gramos segundo a montura
- Dimensións: Só acepta filtros traseiros de 34mm (non ten rosca frontal)
- Parasol: Inclúe parasol metálico fixo, integrado no deseño da lente. A súa construción sólida e discreta evita reflexos laterais sen engadir volume innecesario.
Proba de campo: paisaxe extrema cun ultra gran angular
Levei o Brightin Star 9mm F5.6 a diferentes localizacións para poñelo a proba en condicións reais de paisaxe. Dende acantilados batidos polo vento ata bosques húmidos con néboa, pasando por praias abertas ao Atlántico. Sitios nos que un ultra gran angular nos permite explorar novas perspectivas, deixar voar a nosa creatividade con composicións diferentes ás habituais.
A cobertura de 132º en full frame sorprende dende o primeiro disparo. O encadre é inmenso, pero ao ser unha lente rectilínea non sofre a típica deformación dun ollo de peixe. As liñas rectas mantéñense razoablemente ben, algo que se agradece moito cando hai horizontes ou elementos arquitectónicos dentro da composición. Pero temos que ter en conta que si hai deformación, ainda que o veremos máis adiante.
Perspectivas Diferentes
Unha das fortalezas deste ultra gran angular é como xoga coa perspectiva dos elementos que sitúas fóra do centro. A cobertura extrema fai que se alonguen ou deformen lixeiramente, creando liñas que atrapan a mirada.


Na foto da fervenza, a rama retorcida que cruza pola parte superior gaña moita máis presenza grazas ao efecto da lente. O resultado é un marco natural que conduce a atención cara á caída de auga, engadindo forza e dinamismo á composición.
No caso da fotografía de costa, as rocas que coloquei en primeiro plano guían a nosa vista cara a rocha furada e os cantís do fondo. Como resultado temos unha fotografía diferente, máis extrema na que xogamos coas líneas visuais.
Aspectos xerais
Un dos usos máis interesantes foi incluír primeiro plano, medio e fondo sen perder profundidade. Ao enfocar arredor dos 30-50 cm e traballar con diafragmas como F8, F11 ou mesmo F16, a profundidade de campo é case infinita. A lente convértese así nunha boa ferramenta para aplicar a técnica da hiperfocal en paisaxe. Compre ter en conta, iso sí, o emprego de certas aperturas pode ser un problema se falamos de aberracións e difracción.
Iso si, hai que ser consciente das limitacións: a apertura máxima é F5.6, polo que en situacións de pouca luz non é a máis luminosa. Se traballas con trípode, non pasa nada: xogas con exposicións longas e resolves o problema. Pero se hai vento forte, auga en movemento ou elementos que se desprazan, pode obrigarte a subir ISO máis do que che gustaría.
A ergonomía tamén suma puntos. O anel de enfoque é suave e preciso, e as marcas visuais para hiperfocal resultan moi útiles no campo. Mesmo sen mirar demasiado polo visor, é doado conseguir imaxes nítidas en toda a escena.
En resumo, como lente de paisaxe o Brightin Star 9mm F5.6 dá moito xogo. Permite compoñer con grandes ceos, destacar liñas que guían a mirada e achegar dramatismo a calquera escena natural. É desas ópticas que invitan a experimentar e a buscar ángulos novos, cousa que sempre se agradece no proceso creativo e supoñen un vento fresco.
É a lente que emprego cando quero experimentar, probar novas perspectivas e saírme do camiño marcado.

Rendemento Óptico: Nitidez, Esquinas e Aberracións
O rendemento óptico do Brightin Star 9mm F5.6 sorprende polo carácter visual que ofrece un formato tan extremo. Non é unha lente perfecta nin pretende selo, pero o equilibrio entre nitidez, control de distorsión e carácter fai que sexa unha opción interesante para fotografía de paisaxe.
Nitidez no centro
A nitidez no centro da imaxe é bastante aceptable. Xa a plena apertura, F5.6, ofrece unha boa calidade e un bo nivel de microcontraste. Os detalles finos en rochas, árbores e herba aparecen razoablemente definidos, sen gran perda de textura.
Pechar o diafragma a F8 mellora lixeiramente o rendemento global, mentres que a F11 e F16 comeza a notarse a difracción. É preferible non cerrar o diafragma ata este punto se podes evitalo aínda que tampouco sería una catástrofe.
A nivel de contraste global, a lente mantén un comportamento equilibrado, sen zonas lavadas nin exceso de flare interno.
Comportamento nas esquinas
Nas esquinas da imaxe si hai unha caída visible de nitidez, algo habitual en ópticas rectilíneas tan extremas. Mesmo pechando o diafragma, non se consegue unha uniformidade total.
Esta caída débese principalmente á curvatura de campo e á complexa corrección xeométrica que require unha lente de 9mm sen efecto fisheye.
Para a maioría de aplicacións en paisaxe, a perda non é crítica, pero en arquitectura ou fotografías con liñas precisas pode resultar máis evidente.
A interpretación práctica é sinxela: se a túa composición depende da definición perfecta nos bordos, será mellor encadrar un pouco máis aberto e corrixir lixeiramente en postproceso.
Aberracións cromáticas e coma
As aberracións cromáticas non están ben controladas. En contrastes fortes (pólas escuras contra un ceo brillante ou unha fonte de luz, por exemplo) pode apreciarse un fringing violeta ou verdoso, pero é facilmente corrixible en procesado.
Outro detalle que detectei en casos como o anterior e a aparición de certas luces parásitas cando existen fontes de luz fortes como fondo do suxeito a fotografar.
Viñeteo
O viñeteo é perceptible, sobre todo a plena apertura, cunha caída de luz nas esquinas.
En moitos casos, especialmente en paisaxe, pode mesmo resultar esteticamente agradable, xa que axuda a centrar o ollo no punto principal da imaxe. Se prefires eliminarlo, a corrección por software é inmediata e sen perda de calidade.
Distorsión xeométrica
O Brightin Star 9mm F5.6 é unha lente rectilínea, non un fisheye, polo que tenta manter as liñas o máis rectas posible. A distorsión de barril é mínima e só se aprecia en escenas arquitectónicas con horizontes moi definidos ou liñas verticais próximas aos bordos.
Para fotografía de paisaxe, o rendemento é bo: o horizonte mantense relativamente natural e as formas teñen deformacións aceptables. É unha das mellores prestacións ópticas deste modelo, tendo en conta a súa distancia focal extrema.
Enfoque e hiperfocal
O enfoque é completamente manual e conta con marcas de distancia e liñas de hiperfocal, algo pouco habitual nesta gama. Cun diafragma de F8 e enfocando entre 30 e 50 cm, é posible obter nitidez bastante aceptable dende o primeiro plano ata o infinito.

O anel de enfoque é suave, preciso e con percorrido suficiente para axustar con control, aínda que non ten topes duros ao final do rango.
Esta característica convérteo nunha ferramenta moi predecible no campo, ideal para traballar con trípode e exposicións longas en paisaxe.

Flares e Sunstars: A Creatividade da Luz
O flare está presente cando fotografas directamente contra o sol, pero o seu comportamento é máis que aceptable para unha lente desta gama. É pouco intrusivo, pero en certas posicións do sol si que hai artefactos, que se evitan reencadrando ou sombreando a lente.
O apartado máis interesante son os sunstars de 10 puntas que aparecen ao pechar diafragma.
Para fotografía de paisaxe con sol baixo ou luces artificiais na noite, é un recurso visual espectacular.

Conclusión: Para Quen é o Brightin Star 9mm F5.6?
O Brightin Star 9mm F5.6 non é unha lente perfecta, pero si é unha ferramenta creativa cun prezo moi axustado para o que nos ofrece. Se che gusta a fotografía de paisaxe ampla, xogando con primeiros planos e profundidade, vai darche moitísimo xogo.
Non esperes unha lente super nítida porque non o é pero darache moito xogo para composicións diferentes e extremas.
Se buscas unha nitidez clínica e un rendemento perfecto ata os bordos, esta non é a lente axeitada. Pero se o que queres é ampliar o teu xeito de ver, probar composicións extremas e explorar paisaxes con novos ollos, é difícil atopar algo mellor por este prezo.
✅ Puntos fortes:
- Ángulo de visión extremo (132º) sen distorsión tipo fish-eye.
- Corpo metálico sólido e compacto.
- Posibilidades compositivas e experimentación.
⚠️ Puntos mellorables:
- Nitidez global mellorable, especialmente nas esquinas
- Distancia mínima de foco.
- Apertura máxima F5.6 pode ser restritiva en pouca luz.
- Problemas de foco co uso de filtros traseiros.
- Non permite a colocación de filtros dianteiros.
En resumo, é unha lente pensada para quen queira explorar a paisaxe desde perspectivas extremas, cunha relación calidade-prezo realemente interesante!
¿Dónde comprar el Brightin Star 9mm F5.6?
Podes mercar a lente directamente na Tienda oficial de Brightin Star ou en distribuidores autorizados. Asegúrate de seleccionar a montura que se axuste a túa cámara.
Galería de Imaxes
Vos comparto algunhas das fotografías que realicei co Brightin Star 9mm F5.6:
¿Queres saber máis?
Se tes dúbidas, queres ver máis exemplos ou simplemente falar sobre lentes, xa sabes onde atoparme. E se xa probaches esta lente ou unha similar, ¡cóntamo! Encantaríame saber como foi a túa experiencia.
Aquí deixo as miñas redes sociais:
Si te gustou o artigo ou lle atopaches utilidade, ¡comparteo!








Leave a reply