Impresións de Fotografía de Paisaxe

Descobre os formatos e tamaños dispoñibles para impresións de fotografía de paisaxe en Galicia. Prints exclusivos, de calidade profesional e series limitadas.

Fotografía que cobra vida nas túas paredes

Na miña colección de Lost in Woodlands, case todas as fotografías que comparto nas redes sociais poden imprimirse, aínda que non aparezan directamente na tenda. Traballo con formatos de calidade profesional pensados para que cada imaxe conserve a súa luz, cor e textura, converténdose nunha peza exclusiva para o teu fogar ou oficina.

Ademáis, se queres explorar máis opcións ou tamaños, podes escribirme e estudaremos a mellor solución para ti.

Mockup de Salón con Fotografía.
Exemplo de como unha das miñas fotografías podería ser un elemento decorativo na túa casa.

Formatos dispoñibles

Unha das opcións que máis me gusta para as miñas fotografías de paisaxe. Este panel de aluminio con núcleo metálico ofrece:

  • Non precisa marco, vén preparado con colgadores ou bastidor.

  • Superficie lisa e robusta, excelente reprodución de cor e nitidez.

  • Resistente ao peso e á deformación, ideal para tamaños medios e grandes (50x75cm, 60×90 cm ou 80×120 cm).

Ideal para obras que se converten en punto focal da estancia.

  • Acabado mate clásico, sen brillo reflexivo.

  • Papel profesional de alta calidade, cores equilibradas e duradeza.

  • Ideal para ambientes con moita luz ou decoración moderna.

Unha opción elegante e discreta para reproducir fotografías de paisaxe e natureza.

Un formato económico sen perder calidade:

  • Tamaño fixo de 50×70 cm.

  • Papel “Art Line Smooth” mate e suave.

  • Posibilidade de escribir dedicatorias ou notas sobre a superficie.

Perfecto para espazos medianos ou para comezar a colección de arte fotográfica.
Un xeito de ter una fotografía dun bo tamaño, con acabados profesionais, a un prezo máis axustado.

Tamaños estándar dispoñibles

  • 30×45 cm

  • 40×60 cm

  • 50×75 cm

  • 60×90 cm

  • 80×120 cm

Estas medidas son orientativas e algunhas das que máis acostumado estou a traballar.
Sen embargo, para tamaños especiais ou formatos distintos como Lienzo ou Metacrilato, escríbeme e estudaremos a mellor opción.
Podemos axustar case calquer formato ao tamaño do espacio que queiras decorar.

Exclusividade e series limitadas

Cada fotografía dispoñíbel forma parte dunha serie limitada, garantindo que cada print sexa unha peza exclusiva. Moitas imaxes nunca se imprimiron antes, e as que si foron solicitadas teñen moi poucas copias, aumentando a súa singularidade.

Se resides en Ferrolterra, durante o proceso de compra podes indicalo e aforrar o envío, grazas a que traballo directamente como fotógrafo minorista e vivo na zona.

Para ver todos os prints dispoñibles e escoller o teu formato e tamaño ideal, visita a tenda de Lost in Woodlands.

Proxectos especiais e pedidos personalizados

Se estás a buscar unha ou varias das miñas impresións para un proxecto concreto, unha estancia ou calquera espazo que precise algo especial, podes contactar comigo directamente. Traballo con series limitadas, tamaños especiais ou formatos que non están na tenda, e podo asesorarte para que cada peza encaixe á perfección no teu proxecto.

Cóntame a túa idea e traballaremos sobre ela. Este tipo de proxectos, máis especiais e exclusivos, son os que máis desfruto!

Estou seguro de que poderemos facer algo increíble xuntos!