Levaba moito tempo con ganas de traervos esta análise, pero entre unhas cousas e outras non puiden dedicarlle o tempo que quixera. Afortunadamente, puiden probar esta Brightin Star 16mm F2.8 para Canon RF a fondo e así compartir con vós as miñas impresións.
Antes de comezar, quero agradecer a Brightin Star por enviarme esta unidade para poder probala. Sempre é interesante explorar novas opcións no mercado, especialmente cando se trata de lentes a prezos contidos que poden ofrecer bos resultados.
Ademais, é un bo xeito de estrear a miña nova Canon R5 cunha lente con montura nativa.
Primeiras Impresiones de Brightin Star 16mm F2.8

O Brightin Star 16mm chega nunha caixa sinxela pero ben protexida, sen florituras nin excesos na presentación. Algo que me chamou a atención foi o seu deseño, cunha tipografía e combinación de cores que, por algunha razón, evocáronme certa estética dos anos oitenta, case como se estivese a manexar un vello VHS no canto dunha lente nova. Quizáis só sexa unha percepción miña, froito da nostalxia ou da miña afección polo cinema daquela época haha
Ao abrir a caixa atopamos a lente ben encaixada nunha escuma de protección, xunto coas tapas dianteira e traseira e un parasol extraíble. Non teño claro se o parasol está feito de plástico ou metal, pero percíbese suficientemente sólido e encaixa perfectamente no seu sitio, cumprindo a súa función sen problema.
Nada máis tela na man, a primeira impresión é moi positiva. É unha lente compacta e lixeira, pero sen dar sensación de fraxilidade. De feito, a súa construción metálica dálle un plus de solidez que non sempre atopamos en opcións económicas, o que a converte nunha candidata interesante para quen busca un ultra gran angular manexable para fotografía de paisaxe, arquitectura ou incluso viaxes.
Polo que puiden ver na web de Brightin Star, a miña unidade é unha versión actualizada deste modelo de lente.
Especificacións técnicas do Brightin Star 16mm F2.8
Non adoito adedicar moito tempo a datos técnicos que se poden atopar fácilmente en internet. Porén, aquí deixo algunhas das súas características principais:
- Distancia focal: 16mm
- Apertura máxima: f/2.8
- Apertura mínima: f/22
- Construcción óptica: 12 elementos en 11 grupos
- Ángulo de visión: 105°
- Enfoque: Manual
- Número de follas do diafragma: 8
- Distancia mínima de enfoque: 0.3m
- Rosca de filtro: 67mm (Aunque a versión orixinal era de 72mm)
- Peso: Aproximadamente 460g (segundo la montura)
- Datos EXIF: Só transmite ISO e Tempo de Exposición
Experiencia no campo
Agora vén o interesante: ¿Como traballa en situacións reais?
Estiven probando esta lente en diferentes condicións de luz e climatoloxía para poder sacarlle todo o partido posible.
Un ultra gran angular fácil de levar
O primeiro que chama a atención ao coller esta lente é o cómoda que resulta para transportar e manexar. O seu tamaño compacto e o seu peso lixeiro fan que sexa ideal para levala na mochila sen que apenas se note. O cal, ao final, é moi de agradecer en sesións longas ou cando cómpre reducir o peso do equipo.
Enfoque Manual
O enfoque manual é algo a ter en conta, aínda que non adoita ser un problema en fotografía de paisaxe ou arquitectura. Nestes campos, traballamos con calma e adoitamos empregar a hiperfocal na maioría dos casos. Iso si, se non estás afeito a enfocar a man, pode precisar algo de práctica.
Marcas da Hiperfocal: Útiles, pero con matices
A lente conta con marcas gravadas para axudar a localizar a hiperfocal, algo que a priori parece unha gran vantaxe, especialmente nunha lente de enfoque manual. É unha característica que xa vin noutras marcas como Irix Lens o TTArtisan, e que adoita ser bastante útil para calcular a profundidade de campo de forma rápida.
Con todo, tras probala en distintas aperturas, atopeime cun pequeno inconveniente: aínda que o primeiro plano soe estar bastante nítido, os elementos máis afastados, especialmente dende o plano medio cara o fondo, perden algo de foco. Non sei se é un problema específico da miña unidade ou algo xeral do modelo, pero é un detalle a ter en conta.
Posibles Solucións
Tras varias probas, atopei dúas maneiras de solucionalo:
- Buscar manualmente o punto de maior nitidez xeral. En teoría, isto debería acadarse situando o anel na marca de infinito, pero no meu caso o punto correcto estaba un pouco antes. Isto permite manter toda a escena razoablemente enfocada, aínda que se perda algo de nitidez no primeiro plano.
- Realizar dúas tomas e combinalas no post-procesado. Unha coa hiperfocal e outra enfocando na zona media ou fondo da composición. É un método que require algo máis de traballo, pero garante unha imaxe completamente nítida de diante a atrás.
En calquera caso, se es coma min e non che importa pasar cinco minutos máis no ordenador para perfeccionar unha toma, seguramente prefiras a segunda opción. Ao final, cada lente ten a súa propia “idiosincrasia” e hai que coñecela ben para sacarlle todo o partido. Sobre todo cando falamos dunha lente como esta Brightin Star 16mm F2.8, cunha calidade notable e realmente útil para moitos estilos fotográficos, pero con pequenos matices que convén coñecer.
E que mellor que velo:


Apilados: Ollo co Focus Breathing
Durante as miñas probas co Brightin Star 16mm, especialmente ao facer apilados de enfoque (focus stacking), detectei un certo nivel de focus breathing. Para quen non estea familiarizado co termo, o focus breathing é un efecto óptico que provoca un cambio na ampliación ou encadre da imaxe ao mover o anel de enfoque. É dicir, ao enfocar en distintos planos, a composición pode “achegarse” ou “afastarse” lixeiramente, como se fixéramos un pequeno zoom.
Isto non adoita ser un problema grave na fotografía de paisaxe, pero é un factor a ter en conta se pensas traballar con apilados de enfoque moi precisos, xa que pode complicar un pouco o aliñamento das tomas no post-procesado. Por este motivo, convén deixar algo de marxe nas composicións porque é probable que teñas que facer pequenos recortes nos bordes do apilado final.
Nada que non se poida corrixir, pero é algo a ter en conta ao planificar as túas tomas.
Un bo exemplo sería:

Aberracións Cromáticas: Halos
As aberracións cromáticas son un efecto óptico que aparece cando a lente non pode enfocar todas as lonxitudes de onda da luz nun mesmo punto. Adoitan manifestarse como contornos de cor non desexada nos bordes dos obxectos, sobre todo en escenas con moito contraste ou alto rango dinámico, como elementos recortados contra o ceo.
No caso do Brightin Star 16mm, notei a presencia dun halo azulado nalgúns bordes. Principalmente nas zonas onde hai unha forte diferencia de iluminación entre o suxeito e o fondo.
Aínda que non é algo excesivo nin fóra do común en lentes deste rango de prezo, é un detalle a considerar se pensas utilizala en condicións de alto rango dinámico.
Ao fin e ao cabo, non é nada especialmente preocupante e pódese corrixir na maioría dos casos durante o post-procesado.
Por exemplo, na seguinte imaxe pode observarse un certo halo azul na zona da vexetación onde se xunta co ceo:

Sunstar: Un punto forte desta lente
Un dos aspectos nos que o Brightin Star 16mm realmente destaca é na calidade dos seus sunstars. Ademáis, grazas ao seu diafragma de 9 láminas, conseguir este efecto é bastante sinxelo, incluso sen pechar moito a apertura.
Ao disparar contra fontes de luz directa, como o sol ou farois nocturnos, fórmase un efecto estrela ben definido, con picos longos e limpos, sen demasiadas aberracións arredor.
Aquí deixo un exemplo tomado coa lente:

Impresións convertidas en imaxes
Aquí vos deixo unha pequena selección de fotografías tomadas co Brightin Star 16mm en distintas localizacións. Paisaxes con diferentes condicións de luz e ambiente para poñela a proba en situacións variadas. Como sempre, están editadas co meu fluxo habitual de traballo, buscando amosar o que pode ofrecer a lente nun uso real.
Conclusións: ¿Paga a pena o Brightin Star 16mm?
Despois de varias semanas utilizando o Brightin Star 16mm en distintos contextos, creo que teño claro onde destaca e onde hai que ter algo de coidado. Non é unha lente perfecta, pero tampouco pretende selo. É unha ferramenta accesible, con moi bos acabados e que, se aprendes a coñecer as súas peculiaridades, pode darche resultados moi interesantes.
Ten aspectos mellorables, como as aberracións cromáticas nalgúns casos, as marcas de hiperfocal ou o focus breathing ao facer apilados. Pero a cambio, ofrece unha boa construción, uns sunstars moi atractivos e unha experiencia bastante satisfactoria para fotografía de paisaxe.
Non é unha lente para todo o mundo, pero se sabes o que buscas e non che importa traballar algo máis no post-procesado, pode converterse nunha gran compañeira de mochila.
¿A recomendaría?
Sí, sempre que teñas claro o tipo de fotografía que fas e o que podes agardar dunha lente deste rango. Se practicas unha fotografía pausada, se gozas do proceso e non buscas inmediatez nin automatismos, esta lente pode sorprenderte gratamente. Polo prezo que ten, é unha porta de entrada moi digna ao mundo do ultra gran angular.
¿Queres saber máis?
Se tes dúbidas, queres ver máis exemplos ou simplemente falar sobre lentes, xa sabes onde atoparme. E se xa probaches esta lente ou unha similar, ¡cóntamo! Encantaríame saber como foi a túa experiencia.
Aquí deixo as miñas redes sociais:
Si te gustou o artigo ou lle atopaches utilidade, ¡comparteo!
Leave a reply