Hai unhas semanas encarguei un novo Álbum Fotográfico de Gama Profesional a Saal Digital.
Este álbum recolle material das miñas viaxes fotográficas entre 2020 e 2021.
Un compendio do que considero os meus mellores traballos do pasado ano. Aínda que non puiden viaxar tanto como quixera, foi un dos anos que máis disfrutei e aprendín a nivel fotográfico.
Unha viaxe por bosques bretemosos, ruxintes fervenzas, intermináveis ríos e os máis altos e accidentados cantís.
Un porfolio perfecto para preservar momentos e lugares inesquecíveis.
Este álbum Fotográfico da Gama Profesion ofrece varias opcións para a portada. Optei pola combinación de metacrilato, de acrílico de moi alta calidad,e para a parte dianteira e imitación de coiro negro para o lateral e a parte traseira.
Os acabados son están moi coidados, o que fai deste álbum un porfolio elegante, robusto e de aspecto profesional.
Ideal como mostra do meu traballo!
Imos revisar o interior do libro, !é o que todos estamos agardando!
No interior atopamos unhas páxinas de luxo, feitas cun papel fotográfico dun bo grosor e dunha calidade excepcional. Ademais, a impresión é 100% precisa, coincide totalmente coas cores das imaxes orixinais e a profundidade dos negros é absolutamente impresionante. No meu caso, escollín a opción de papel mate porque son un gran fan deste acabado.
¡Velaquí o resultado!
Un porfolio coa máxima atención ós detalles, sorprendente calidade de impresión e acabados excepcionais.
En conclusión, unha presentación exquisita para gardar os recordos das miñas mellores fotos de 2020 e principios de 2021.
¡O compendio dos meus mellores traballos!
¡Repetirei de seguro!
Leave a reply