Hai unhas semanas o tiven un pequeno accidente co meu equipo durante unha saída ó solpor. Por un erro, non coloquei o trípode correctamente e a cámara acabou no chan. Como resultado, o meu portafiltro Irix Edge IFH-100 e un filtro Irix Edge GND se fixeron anacos.
O equipo de Irix Lens axudoume a substituír o material perdido, facendo que o accidente doera un pouquiño menos. Aproveitei tamén para facer unha pequena mellora e decidín mercar o novo portafiltros Irix Edge IFH-100-PRO.
Imos entón co novo Irix Edge IFH-100-PRO.
O primeiro que me chamou poderosamente a atención en canto o tiven nas miñas mans foi a súa construción. O Irix Edge IFH-100-PRO é máis robusto, máis lixeiro, ten materiais de maior calidade e acabados significativamente máis coidados que o seu predecesor, o Irix Edge IFH-100.
Segundo as especificacións do fabricante, o revestimento negro exterior garante imaxes nítidas, sen destellos nin luces parásitas que poidan estropear as nosas fotos. Ademais, o material utilizado para a estructura ten unha gran resistencia a golpes e variacións de temperatura, o que garante a súa durabilidade.
O que máis chama a atención deste portafiltros, quizais un dos puntos que me fixo dar o paso e “actualizarme”, é que integra un filtro polarizador circular na súa propia estructura. Está feito con vidro óptico templado que garante unha gran nitidez e ausencia total de reflexos ou de dominantes de cores xa que ata o día de hoxe (e despois de usalo dende hai case 2 meses) non detectei que falle nalgún destes aspectos.
A pesar de chamar a miña atención, este aspecto tamén me preocupou. Ter integrado este filtro polarizador circular podería significar problemas de manexo e que a usabilidade xeral se vira afectada.
A verdade é que non foi así, a colocación do polarizador é moi sinxela e o portafiltros pódese usar sen el se é necesario.
Con só xirar unha porca azul, desprázaese unha das dúas guías laterais onde se colocan os filtros cadrados / rectangulares, o que nos permite situar o polarizador na posición adecuada e despois devolver a guía á súa posición inicial.
Unha vez colocado, podemos xiralo sen necesidade de retiralo, quitar outros filtros ou o propio portafiltros. Para iso, só tes que empregar outra pequena porca azul, que está situada nun dos lados e que ó xirará ata a posición desexada.
Este sistema é realmente cómodo cando tes varios filtros cadrados/rectangulares postos xa que non precisas de movelos nin eliminalos para trocar a polarización cando, por exemplo, a cámara pasa dunha posición horizontal a vertical (ou viceversa). Un sistema que me parece enxeñoso e bastante utilizable.
Tamén se agradece moito poder xiralo, sen mover a cámara nin o cadro, mentres se mira polo visor ou Live View e sen ter que facer mil malabares.
Outro punto que debo mencionar é a mellora que notei nas guías onde se colocan os filtros cadrados/rectangulares. Neste modelo os filtros van moito máis axustados, en parte tamén axudados polas zonas de escuma na parte superior e inferior da estructura, o que proporciona unha seguridade adicional.
Ademais, a porca que facilita a instalación e retirada do polarizador permítenos controlar a dureza das guías laterais. Isto reduce a tensión para colocar os filtros cadrados/rectangulares e axustalos correctamente unha vez que estean na posición desexada.
Como punto negativo, teño que dicir que detectei certo viñeteo con algúns obxectivos. Traballando con angulares de diámetro menor a 95mm, como a Canon 16-35mm de 82mm e os aneis adaptadores, as esquinas negras aprécianse nas lonxitudes focais máis abertas, principalmente en 16mm.
Nada grave e que non se poda solucionar pechando un pouco a composición no post-procesamento.
Por suposto, non detectei ninguún viñeteo no meu Irix Blackstone 15mm.
En conclusión, este novo Irix Edge IFH-100-PRO supón un notable avance sobre o seu predecesor, proporcionando un sistema robusto e preciso que nos permite traballar cos nosos filtros coa maior comodidade.
¡Moi satisfeito coa miña compra, estou seguro de que sacarei moitas fotos con este novo material!
¡Velaquí vos deixo algunhas das fotos que tomei con este novo material, espero que vos gusten!
¡Bota tamén unha ollada á miña galería!
¡Neste vídeo da canle de Irix Lens podes ver en detalle os diferentes elementos deste novo sistema, non dubides en botar unha ollada!
Leave a reply