No mundo da fotografía de paisaxe un bo filtro polarizador é tan esencial como un bo obxectivo. Hai unhas semanas o equipo de Irix Lens ofreceume probar a súa nova gama de filtros polarizadores e nesta review cóntoche a miña experiencia real utilizando os novos Irix Revo CPL en versións de 67 mm e 82 mm.

O uso do polarizador en fotografía de paisaxe
Cando falamos de fotografía de paisaxe, moitas veces centramos a nosa atención na luz, na composición ou na elección do obxectivo. Pero hai un elemento que, aínda que sinxelo, pode marcar unha gran diferenza nas túas imaxes: o filtro polarizador.
Este tipo de filtro actúa coma unha ferramenta que “limpa a escena”. Non engade cor, non aplica efectos artificiais; simplemente elimina o que sobra (se así o desexas) e deixa que os elementos brillen por si sós.
Uso no campo dos novos Irix Revo CPL
Ao usar un polarizador como os novos Irix Revo CPL, o primeiro que notas é como desaparecen os reflexos non desexados. A auga deixa de comportarse coma un espello e vólvese transparente; as follas, especialmente se están molladas, recuperan a súa textura natural; e os ceos, mesmo en días despexados, gañan unha profundidade azul que na edición é difícil replicar coa mesma naturalidade.
Con este tipo de filtros podes conseguir que un bosque trala choiva, onde as follas brillan pola humidade e as pozas do chan reflexan a claridade do ambiente, cambie por completo. Co polarizador xirado no seu punto óptimo, a escena transfórmase: os verdes vólvense máis densos e saturados, os reflexos desaparecen case por completo, e a imaxe gaña moito máis contraste e colorido.
Ao fotografar zonas costeiras, o filtro permíteme ver o fondo da auga e eliminar os reflexos do ceo. Non é só unha mellora estética: é unha transformación visual que me permite mostrar o que o ollo si ve, pero a cámara sen filtro non consegue percibir.
Usar un polarizador en paisaxe é unha desas cousas que, unha vez probas, xa non podes deixar de usalo. E co Irix Revo CPL, a experiencia é aínda máis gratificante polo preciso que é o efecto, o neutro dos seus cristais e a facilidade coa que se limpa e manipula no campo.
Primeiras impresións: Que vén na caixa?
Os novos Irix Revo CPL chegan nun empaquetado compacto, sinxelo e ben protexido. A primeira sorpresa aparece nada máis ver a caixa de plástico duro: é branca, cando o habitual en Irix Lens son o negro e azul.
Isto deixa claro que se trata dunha nova liña de produtos de Irix Lens, quizais dentro duns prezos máis contidos. Haberá que ver como evoluciona no futuro e se saen novos produtos dentro dela.
Dentro atopamos o filtro, perfectamente asegurado por unha escuma que o mantén fixo no seu lugar. Non hai artificios nin engadidos innecesarios. Só un packaging coidado e robusto que cumpre co importante: protexer o produto.

Detalle do Filtro
Detalle do Packaging

Ao soster o filtro por primeira vez, o que máis chama a atención é a calidade do acabado. O marco de aluminio mecanizado é robusto e elegante. O seu grosor ultrafino de apenas 4 mm evita viñeteo mesmo en obxectivos gran angular. Isto xa di moito do seu deseño pensado para profesionais.
O cristal preséntase limpo, claro e cun ton completamente neutro. Non engade dominantes de cor, algo esencial en fotografía de paisaxe ou arquitectura. Desde a primeira impresión transmite o que Irix quere conseguir con esta serie: un filtro sinxelo, sólido e pensado para durar.
Construción profesional: materiais e tecnoloxía de alto nivel
O Irix Revo CPL está fabricado con cristal óptico xaponés AGC, recoñecido na industria pola súa excelente transmisión de luz e durabilidade. Pero o que realmente eleva este filtro son as súas 18 capas de revestimento:
- Antirreflectante: mellora contraste e reduce flare.
- Resistente á auga e manchas: repele pingas e pegadas.
- Resistente ao aceite: repelente de aceite e graxa.
- Antirabuñaduras: ideal para uso no exterior.
Todo isto fai que o filtro sexa ideal para fotógrafos esixentes, xa sexa en montaña, costa, cidade ou estudo.
A miña experiencia persoal cos Irix Revo CPL
Durante varias semanas probeino en diferentes ambientes: bosques húmidos, fervenzas e ríos e solpores sobre o mar. En tódolos casos, o filtro respondeu con efectividade, precisión e naturalidade.
Que notei?
- As cores gañan saturación, pero sen esaxerar. Todo se mantén relativamente natural.
- Os reflexos non desexados na auga, cristais ou superficies brillantes redúcense de forma efectiva.
- Os ceos gañan profundidade sen escurecerse en exceso.
- As pingas de auga escorren facilmente do cristal.
- As pegadas e o po límpanse sen esforzo, mesmo en plena acción.
Un detalle que me encantou: a rotación do filtro é firme e fluída, sen saltos nin movementos raros. Isto permíteche axustar o efecto polarizador con total precisión.
Comparativa práctica: con e sen polarizador
Para entender mellor o efecto do Irix Revo CPL, nada mellor que velo en acción.
Na seguinte imaxe amoso a mesma escena fotografada dúas veces: primeiro sen filtro e despois co polarizador montado.


Na toma sen filtro aprécianse reflexos na auga e cores algo apagadas.
Na toma co CPL activado, eses reflexos desaparecen case por completo e as cores vólvense máis intensas e vivas.
A diferenza é clara: a escena gaña contraste, saturación e unha sensación de “limpeza” imposible de lograr sen un polarizador.
Xerando Sunstars


Nestes exemplos na marabillosa Fervenza de Narahío e na Praia de Campelo puiden conseguir unhas sunstars brillantes, con tódolos seus raios súper definidos, sen flares excesivos e que axudan a darlle forza á composición.
Un detalle que me sorprendeu gratamente foi que o filtro non interfire en absoluto coa formación de sunstars (sol estrelado) ao disparar directamente contra a luz. Se traballas con aperturas pechadas (F11, F16 ou mesmo máis) buscando ese efecto clásico en paisaxe, o Irix Revo CPL respéctao por completo. Non xera halos estraños nin difumina o sol, algo que si vin noutros filtros.
As miñas fotos co Irix Revo CPL: resultados reais en campo
Nada mellor que ver como se comporta un filtro polarizador en situacións reais. Durante as miñas probas co Irix Revo CPL en 67 mm e 82 mm, utiliceino en varios ambientes naturais. Aquí comparto algunhas das miñas imaxes para que poidas apreciar a diferenza.
Reflexos na agua

Nesta escena coa cámara situada sobre a auga, o CPL eliminou case por completo os reflexos na superficie. Grazas a iso, pódese apreciar con maior claridade o fondo da auga, o mundo submarino cheo de algas e os detalles do contorno. Co polarizador o resultado é limpo e máis próximo ao que vía a simple vista.
Paisaxe trala choiva


A vexetación soe brillar demasiado despois da choiva. Co Irix Revo CPL, os verdes intensifícanse e os brillos redúcense, logrando unha textura máis rica e natural. Ademais, a saturación da cor é máis equilibrada, sen dominantes estrañas.
Xogando co sol

Como xa comentei anteriormente, algo que me gustou moito é que o Irix Revo CPL non afecta á xeración de sunstars. Nesta imaxe, o efecto de estrela mantense definido e sen demasiados halos. Deste xeito, sabemos que o filtro non interfire na calidade óptica da toma.
Fotografía macro co Irix Revo CPL
Tamén probei o Irix Revo CPL en fotografía macro, e os resultados foron sorprendentes. Mesmo a distancias moi próximas, o filtro axudou a reducir reflexos en superficies brillantes como follas ou pingas de auga. As cores mantivéronse naturais e vibrantes, e os detalles finos do suxeito apreciáronse moito mellor.

Usar un polarizador en macro pode parecer inusual, pero é unha ferramenta excelente para controlar reflexos e resaltar texturas, logrando que as túas tomas próximas luzan máis limpas e profesionais.
Comparado con filtros doutras marcas
Tiven a oportunidade de traballar con filtros polarizadores doutras marcas e unha variada gama de prezos. E o certo é que o Irix Revo CPL non queda atrás.
Na práctica:
- Mesma fidelidade cromática.
- Sen perda de nitidez nin contraste.
- Revestimentos igual de efectivos.
- Un prezo comedido.
Para quen recomendo o Irix Revo CPL?
Tras varias semanas de uso, estou convencido: o Irix Revo CPL é un filtro útil para moitos tipos de fotógrafos. Non é un accesorio exclusivo para profesionais. É unha ferramenta sinxela que transforma calquera traballo desde o primeiro disparo.
Se es fotógrafo de paisaxe, notarás o cambio ao instante. Os ceos gañan forza e as nubes defínense con máis detalle. Os reflexos na auga desaparecen e a vexetación mostra tons máis intensos. A escena gaña profundidade e transmite mellor a sensación do lugar.

Irix Revo Filters
Irix Revo Circular Polarizer 67mm

Na fotografía urbana e arquitectónica o efecto é igual de evidente. Fachadas de cristal, escaparates e chans mollados deixan de distraer con reflexos. O ollo céntrase na xeometría, na cor e na historia que queres contar.
Se o teu é viaxar e documentar a túa experiencia, este filtro tamén é ideal. É resistente, lixeiro e doado de limpar. Non engade dominantes nin resta nitidez, así que podes levalo montado sempre sen preocuparte.
En definitiva, recoméndoo a quen busque un filtro fiable, neutro e duradeiro. Paisaxistas, fotógrafos urbanos, creadores de contido ou viaxeiros. Todos atoparán no Irix Revo CPL unha ferramenta de calidade profesional a un prezo moi accesible.
Conclusión: Paga a pena o Irix Revo CPL?
Definitivamente sí.
Se andas a buscar un filtro polarizador profesional, duradeiro, con recubrimentos avanzados e con ausencia de viñeteo, o Irix Revo CPL é unha opción que non solo cumpre, sorprende.
En resumo:
- Construcción premium con cristal AGC xaponés
- 18 capas de recubrimento (antirreflexo, impermeable, antirabuñaduras)
- Resultados comparables a filtros de gama alta
- Prezo moi competitivo
- Ideal para paisaxe, arquitectura, exteriores e viaxes
Galería de imaxes tomadas cos filtros Irix Revo CPL
Onde mercar o Irix Revo CPL?
Podes mercar o filtro directamente na tenda oficial de Irix (cun pequeno deconto) ou en distribuidores autorizados. Recoméndote escoller o diámetro exacto do teu objectivo (no meu caso, 67 mm e 82 mm) para asegurar o mellro axuste e rendemento.
ALERTA DE DESCONTO!
Para desfrutar deste desconto, podes entrar na tienda oficial de Irix a través dalgún dos links deste artigo e ao final do proceso de compra empregar os códigos IRIXFILTER_LOSTINWOODLANDS y IRIXPROMO_LOSTINWOODLANDS para obter un desconto!
¿Queres saber máis?
Se tes dúbidas, queres ver máis exemplos ou simplemente falar sobre lentes, xa sabes onde atoparme. E se xa probaches esta lente ou unha similar, ¡cóntamo! Encantaríame saber como foi a túa experiencia.
Aquí deixo as miñas redes sociais:
Si te gustou o artigo ou lle atopaches utilidade, ¡comparteo!
Se queres información sobre outras lentes ou outros artigos







Leave a reply